Rabal web
Engadir a favoritos Foro Ponnos no teu inicio

   

Situacion xeografica

Multimedia

Rio tamega

Muiños

Hstoria

Arquivo

Rabal dende o aire


Novas de Rabal
Nova chea en Rabal           1-3-10

A cicloxénesis explosiva chamada Xinthia tamén pasou por Rabal, despois da intensa choiva pola noite, o vento tirou con algunhas arbores e xa cara a noite toda a auga da montaña chegou a Rabal facendo que aínda que non chovera en toda a tarde o río desbordara e provocara a maior riada deste ano. Podedes ver aquí as  fotos  








Nova chea en Rabal           25-2-10

Despois da intensa choiva da ultima noite, o río desbordouse anegando as leiras e chegando a saír polo fondo do pobo. Aqui tedes as  fotos  








Todos os servizos multimedía ao alcance da túa man   19-1-10

Xa esta aquí unha nova actualización da paxina, agora poderás, ver as fotos, os vídeos e descargarte os mellores de fondo de pantallas do pobo entrando directamente dende a barra da dereita






Chea  no final de ano           12-1-10

Velaquí a primeira noticia deste 2010, e esta non pode ser outra que a gran riada que sufriu o pobo e k por momentos recordou a aquelas de fai xa 10 anos. Aqui tedes as  fotos  








Neve en Rabal           19-12-09

Volveu a neve por estes lares para felicitarnos o Nadal e cubrir todo con un manto branco, aquí poderedes ver as mellores fotos  
da nevada deste mércores,







Riada           12-12-09

Con motivo das ultimas chuvias o rio viuse desbordado este domingo, quedando anegados as obras da praia fluvial e o campo de fútbol. Aquí tendes un enlace a noticia aparecida en La Region, fai clic aquí .







A paxina rabalexo.es premiada   1-12-09

A paxina de Rabal acaba de ser premiada por Linkses Network polo seu contido cultural, dende a paxina queremos compartir este segundo premio con todos os que nos visitas, moitas grazas e un saúdo







Magosto           11-11-09

Xa esta aquí o magosto e como todos os anos enchémonos  de castañas e cogomelos, especial sona en Rabal teñen os Rocos (Vexase a fotografía). Por outra banda, continúan as obras de construción da praia fluvial e dende Rabalexo.es querémosvos ensinar como transcorren as obras é os cambios na paisaxe que se dan, fai clic aquí .







RabalwebComezaron as obras           22-10-09

Xa comezaron as obras para comberter o parque do rio nunha praia fluvial, dende rabalexo.es esperamos que as obras sexan para ir a mellor e manterémosvos informado do estado destas







Mais vale tarde ca nunca           20-10-09

Por fin xa esta preparado o álbum
de fotos da malla e da carrexada de aquel día de agosto onde todo o pobo se xuntou para "traballar" e comer  en comunidade, espero que disfrutedes destas fotos .







RabalwebIncendio en Rabal   15-08-09

Esta semana houbo un incendio en Rabal, na zona dos Parroeiros entre Rabal e Vilarello, pero grazas os bombeiros foi apagado rapidamente, para a extinción do incendio fixeron falta: 2 camións motobombas, 7 cuadrillas e 1 helicóptero










RabalwebNovas en Rabalexo.es.           24-7-09

Antes de nada dende Rabalexo.es quixeramos pedir perdón por o fallo técnico que tivo durante as ultimas dúas semanas roto o enlace de Rabalexo.es, dito isto, temos dúas actualizacións que contarvos, a primeira é que xa están a vosa disposición novos fondos de pantalla pera por no voso escritorio, a segunda que xa esta na rede o álbum da seitura que se fixo no pobo a finais de xuño





Outro video da seitura.           30-6-09








A seitura na galega.           29-6-09

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG







RabalwebCelebrase a procesión de San Antonio.           15-6-09

Como xa e costume, o dia 13 de Xuño, os veciños da aldea percorreron o pobo guiados pola figura de San Antonio, segundo patrón de Rabal






Rabalweb1ª Seitura e malla tradicional en Rabal.           2-6-09

Xa esta todo preparado para a celebración sa 1ª seitura e malla tradicional en Rabal, en donde se recreara o traballo da sega dos cereais como antigamente, calquera que queira mais información sobre o programa ou desexe que se lle responda a algunha duda que escriba no foto




RabalwebEstamos na Wikipedia.           1-6-09

Para poder darlle mais forza e sona o noso pobo dende fai uns dias tamén aparece Rabal na wikipedia, tanto en galego como en castelán





RabalwebPrimeiro aniversario da nova paxina de Rabal.           31-5-09

Parece que foi onte pero xa fai un ano que votou a andar esta nova aventura da paxina de Rabal. Neste tempo xa recibimos mais de 5000 visitas e a nosa aldea foi vista en 21 países (España, Alemaña, Arxentina, Estados Unidos, México,Portugal, Venezuela, Suíza, Irlanda, Panamá, Francia, Colombia, Gran Bretaña, Brasil, Chile, Italia, Dinamarca, Australia, Perú, Uruguai, Colombia) Esperamos que dentro de un ano podamos celebrar o segundo aniversario cuns datos inda mellores




RabalwebNovo álbum de Rabal.           2-5-09

Xa esta na rede o novo álbum de Rabal , con 53 fotos a toda cor, dos veciños e dos lugares do pobo, para gozo de rabalexos e foráneos,





RabalwebAprobado no BOE a praia fluvial de Rabal.           25-3-09

Segun o BOE 66 de 18/3/2009 procederase a mellora da área recreativa coa mellora do acceso o río mediante empedrado, executarase unha barreira desmontable e a elevación dos lindes con escollera, adecuaranse os sendeiros e procederase a limpeza selectiva do cauce e das marxes en varios regatos xunto coa retirada de sedimentos





RabalwebNovo servizo de fotografía por satélite .           7-3-09

Hoxe abrímoslle as portas na nosa web a un novo servizo de fotografía por satélite  para poder ver todos os recunchos deste fermoso pobo





RabalwebNovo álbum de fotos antigas.           9-2-09

Por fin xa  podedes disfrutar de 8 novas fotos na sección de "Fotos Antigas", encóntranse na terceira paxina desta sección e esperamos que todos disfruten delas





RabalwebPequena riada do Támega .           8-2-09

Onte dia 8 de febreiro o Támega provocou unha pequena asolagación nos terreos próximos o rio. Inda que inundación foi moito mais pequena que as que perduran nas nosas memorias hai que ter en consideración que xa facía algúns anos que este feito non se producía





RabalwebArranxan a poste da luz do fondo do pobo.           25-1-09

Esta semana foi arranxado un poste da luz no fondo do pobo que levaba tempo medio caído. Isto foi posible grazas as queixas que un gran numero de veciños lle transmitiron o alcalde sobre o perigo que supuña tanto o grado de inclinación que tiña o poste como o cerca que quedaban os cables do solo





RabalwebNeva en Rabal           10-1-09

Este venres pola maña caeu unha copiosa nevada no noso pobo, co afán de que todos podamos gozar desta marabillosa estampa xa están subidas a rede as mellores pasaxes de Rabal nevado





Patrocinadores da Festa de Rabal   31-12-08

Temos boas novas para este final de ano, a paxina web de Rabal conseguiu patrocinadores para as festas, podédelos encontrar na sección servicios (arriba na marxe esquerda).
 Tratase dunha serie de anuncios,  por cada click que fagades nestes anuncios donaran unha pequena cantidade de diñeiro para a festa





Bo nadal           22-12-08

Dende a paxina web de Rabal queremos desexarvos unhas felices festas

Bo nadal




















Multimedia


Videos

Fondos de escritorio

Festa 2008  

Fotos antigas

 S. Andres 2008

Neve xaneiro 2009

Album de Rabal

Seitura 2009

Malla 2009

Neve en Rabal

Riada 2009

Servicios


Patrocinadores da FESTA

Informacion sobre Rabal

Mapa de Rabal
1  2 3 4

Informacion sobre o Tamega





Videos

Fondos de escritorio

Festa 2008  

Fotos antigas

 S. Andres 2008

Neve xaneiro 2009

Album de Rabal

Informacion sobre Rabal

rocinadores da FESTA

Informacion sobre Rabal




Enlaces


Os Carballiños

Oimbra

Mandin

Oimbra.net


Creative Commons License
Os contidos desta páxina web están baixo Dominio Público.